| A idea: |
Como
se fora unha ave Fénix, volve o vello grupo moteiro coñecido como
"Perros de la Pradera", da man dun grupo de amigos ribeirenses.
Habitualmente encontrámonos os sábados pola tarde nas Rías
Baixas,
en Ribeira (A Coruña), coa idea de:
- recuperar os
valores tradicionais dos amantes dos vehículos
clásicos, compartindo experiencias na restauración
de coches e motos,
- para logo viaxar todos
xuntos nos nosos
vellos vehículos, para simplemente facer
kilómetros gozando da
libertade, da paisaxe, das xentes, e da cultura
gastronómica dos
lugares de paso.
Sen mais obrigas que o compañerismo, e co obxectivo de por en
valor a cultura da motocicleta clásica.
Benvido á web dos
trastos vellos con motor. Se precisas de mais información, non dubides
en enviarnos un E.mail.
Boa viaxe!!! |